Os trinta artigos desta declaración móstrannos os dereitos (nalgúns casos ideais que formarían unha sociedade perfecta) da Humanidade. Os principais dereitos dos que debería gozar toda persoa son os de liberdade de expresión, educación, ter unha nacionalidade, traballo e igualdade. Analizamos un a un os artigos desta declaración cada un dos especialistas (de economía, de historia, de política e cultura e relixión) e explicamos os artigos que non se cumprían. Agora explicámolos dun xeito conxunto atendendo ós principais dereitos xa citados.
Liberdade de expresión-Art.1,2,18,19
Estes 4 artigos fan referencia á liberdade dos seres humanos. En canto ó dereito de liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión ou de opinión e de expresión, chegamos á conclusión de que hai moitos países onde non se respetan estes artigos, por exemplo Cuba.
Igualdade- Art.1,7
Estes dous artigos fan referencia á igualdade dos seres humanos en dereitos. Todos son iguais ante a lei e teñen, sin distinción, dereito a igual protección desta. En canto ó artigo 1, debemos destacar que non todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos, por exemplo, en Afganistan as mulleres non teñen os mesmos dereitos que os homes, son tratadas como seres inferiores. En canto ó artigo 7, non sempre somos iguais ante a lei nin somos amparados por ela, por exemplo, algúns inmigrantes ilegais non están protexidos por ningún Estado.
Educación- Art.26
Este artigo fai referencia á educación, toda persoa ten dereito a ela e esta debe ser gratuíta e a instrucción elemental obrigatoria. Na maioría dos países hai acceso á escola, pero de xeito moi distinto. Nos países desenvolvidos a educación é gratuíta e obrigatoria ata os 16 anos (no caso de España). Ademáis non hai discriminación algunha de sexo. Sen embargo, nos países subdesenvolvidos os únicos que poden acceder á escola son aqueles que teñen un determinado poder adquisitivo. Ademáis nos países africanos e orientais non se lles permite ás mulleres acceder á escola.
Propiedade privada- Art.17
Este artigo fai referencia á propiedade privada. Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente e ninguén será privado arbitrariamente dela.Este artigo non se cumpre, por exemplo, entre outros, naqueles países que teñen implantado un réxime comunista, xa que a propiedade é do Estado, salvo nalgunhas excepcións.
Nacionalidade- Art.15
Este artigo fai referencia ó dereito a unha nacionalidade. Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade e ninguén será privado arbitrariamente dela, nin do dereito a cambiala.Este artigo non se cumple xa que algúns inmigrantes ilegais non teñen nacionalidade e desexarían tela; aqueles que están en campos de refugiados por motivo dunha guerra e son apátridos; por exemplo, os campos de Danfur, de Palestina, do Sáhara…
Traballo- Art.23
Este artigo fai referencia ó dereito ó traballo. Toda persoa ten dereito ó traballo, á súa libre elección, a condicións equitativas e satisfactorias del e á proteccion contra o desemprego. Toda persoa ten dereito a igual salario por traballo igual.Este artigo cómprese por partes. Nos países desenvolvidos, as persoas teñen dereito ó traballo e á súa libre elección, pero en moitos casos os salarios son discriminatorios para as mulleres (é menor có dos homes). Nos países subdesenvolvidos as mulleres xa non teñen dereito ó traballo.
FACTORES
A maioría dos artigos recollidos na declaración dos dereitos humanos son ideais, xa que na realidade non é obrigatorio o seu cumprimento por parte dos estados.Os factores que inflúen para o non cumplimento destes son:
Factor Económico:
Despois de buscar os artigos que fan referencia á economía, chegamos á conclusión de que as persoas que non teñen un nivel económico determinado, ou son discriminados ou non poden acceder ós supostos dereitos universais das persoas. A pobreza é un exemplo de impedimento para que estes dereitos sexan universais. Podemos definir pobreza como a falta de recursos para satisfacer as necesidades básicas de todo ser humano, producindo así un deterioro do nivel e da calidade de vida.
Factor Histórico:
Para tentar explicar algúns exemplos de impedimento da universalización dos dereitos, podemos recurrir a factores históricos, especialmente a sucesos ocorridos no pasado e que inflúen no presente.Un destes factores que máis nos chama a atención é o racismo (discriminación das persoas, en razón á súa pertenencia étnica ou racial), problema que segue vixente oxe en día. Nalgúns casos, ás persoas doutras etnias ofréceselles un trato moi cruel, como por exemplo pode chegar a negárselle algún dos dereitos dos que calquera outra persoa pode gozar.
Factor Político:
Este factor é un dos máis influintes á hora de impedir o correcto cumplimento dos dereitos.A integridade física das persoas vese en perigo en momentos de guerra, provocadas moitas veces por desacordos políticos.Os rexímenes dictatorias nalgúns países impiden o acceso a moitos dos dereitos fundamentais tales como o dereito a liberdade de expresión, educación, integridade física e psíquica, acceso a vivenda digna, etc.Moitas veces a nosa liberdade , en todas as súas formas, vese mermada por culpa dos políticos, que ao ter nas súas mans o poder de elaborar leis, poden actuar segundo os seus intereses.
Factor Cultural e relixioso:
Tamén no incumprimento dos dereitos que veñen contemplados na carta de dereitos das Nacións Unidas inciden factores de indole cultural e relixioso, fundamentalmente no referido á cuestión da igualdade.É o caso da igualdade de xénero, certas interpretacións relixiosas conceden á muller un papel de subordinación cara o home. Por exemplo, restriccións de dereitos que ten a muller no mundo islámico.
CONCLUSIÓN
Serve de algo a Declaración de Dereitos Humanos? Os compoñentes deste grupo facémonos esta pregunta despois de analizar os artigos desta declaración. Aínda que é certo que as leis están para saltalas tamén é verdade que se non existise ningún límite, cada un faría o que quixera sen respectar ós demais. Así e todo, a maioría non se cumpren na súa totalidade, como puidemos comprobar nos apartados anteriores, pero isto non sería así se cada un de nós aportase o seu gran de area. Por exemplo, respectando as culturas dos outros países, sendo tolerantes... Desta maneira, seríamos todos respectados, dando lugar a unha sociedade mellor.
HISTORICIDADE DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS UNIVERSAIS
Deste xeito podemos falar dunha evolución no referente ós dereitos, dando lugar a 3 xeracións:
Primeira xeración dos dereitos humanos:
Destaca a aparición dos dereitos chamados individuais no que se defende principalmente os dereitos de liberdade e propiedade privada; ráchase coa sociedade estamental aparecendo deste xeito o dereito á igualdade ante a lei, tratando esta a todos os individuos por igual e dando a todos eles a oprtunidade de exercer cada un dos dereitos.
Segunda xeración dos dereitos humanos:
Na primeira xeración dixemos que se proclamaban os dereitos individuais; neste caso, na segunda xeración aparecen os dereitos colectivos.
Os dereitos económicos e sociais (educación, sanidade, salarios que permitan un nivel de vida digno....), son reclamados polo proletariado industrial. Díse que para o exercicio dos dereitos é preciso a eliminación daqueles obstáculos económicos que impiden dito feito.
Terceira xeración dos dereitos humanos:
A igualdade na diversidade é a temática dos dereitos escritos nesta xeración. Polo tanto, reivindícanse os dereitos á favor da igualdade das mulleres, os homosexuais....En resumos, estes dereitos colectivos reclaman respeto mutuo e solidariedade.
Resumo:
Na primeira xeración e na segunda proclámanse os dereitos humanos que obeceden a unha concepción do home restritiva, excluindo a colectivos tales como a muller, os homosexuais....colectivos que se recollen na terceira xeración dos dereitos recollendo asi todos os dereitos fundamentais.
Con todo isto complétase o lema establecido na Revolución Francesa que versaba:
Liberdade (dereitos individuais proclamados na primeira xaración)
Igualdade (dereitos colectivos da segunda xeración)
Fraternidade( dereitos establecidos na terceira xeración)
NOVOS GRUPOS REVOLUCIONARIOS
A partir do ano 1969 comezáronse a formar os primeiros grupos revolucionarios que defendían unha nova forma de pensamento. Estes grupos estaban formados por homes e mulleres homosexuais e por feministas que reivindicaban o dereito á igualdade e que calificaban a sociedade como machista e patriarcal.
Así foi como foron gañando terreo, xa que actualmente as persoas homosexuais poden facer vida normal e formar unha familia, acto que daquela nin se lles pasaba pola cabeza. Hoxe en día estamos ante un proceso de transformación, porque as persoas xoves teñen outra maneira de pensar, máis tolerante, xa que para eles é totalmente normal. Sen embargo as persoas mayores non comparten esta opinión, xa que viviron noutra época, onde a Igrexa aínda tiña moito poder e non permitía que se legalizaran estes matrimonios.
Pero podemos afirmar que o modelo de familia patriarcal xa non é o único na sociedade española. Polo tanto, podemos presumir de que vivimos nunca sociedade tolerante e liberal.
A FEMINIZACIÓN DA POBREZA
A discriminación de xénero existe en tódolos países, en todas as economías e en todos os estratos sociais. Esta discriminación é unha das principias causas de pobreza polas razóns que veremos a continuación.
A discriminación de xénero impide que en determinados países (subdesenvolvidos) as mulleres non reciban nin educación nin formación, polo tanto non poden acceder ó emprego nin teñen a posibilidade de participar socialmente.
Estas mulleres traballan, quizáis máis que os homes, pero non reciben un salario por el, nin se recoñece o seu esforzo. Nos países desenvolvidos, anque a muller ten acceso á educación, á formación e ó emprego, segue habendo discriminación , porque os salarios femeninos son só tres cuartas partes dos masculinos.
A atención sanitaria que reciben as mulleres dos países pobres, especialmente relacionada coa saúde sexual e reproductiva, é pésima. Ao ano morren moitas mulleres no mundo por causas relacionadas co embarazo, co parto e co aborto.
En canto á participación política tamén hai moita discriminación, xa que en moitos países as mulleres non teñen dereito ó voto, ou é escasa.
Por exemplo, en Afganistán as mulleres teñen que ir cubertas baixo o burka, non poden sorrir en público, ir á escola, saír da casa soas...
Por todas estas razóns, mellorar a situación das mulleres sería mellorar a economía e moitos máis aspectos da sociedade. Está na man de todos mellorar as perspectivas da humanidade.
CONCLUSION E OPINIÓN PERSOAL ACERCA DOS GRUPOS REVOLUCIONARIOS E A FEMINIZACIÓN DA POBREZA:
Afortunadamente, a sociedade, aínda que dun xeito lento, está cambiando. Un dos aspectos nos que cambia é na tolerancia cara os homes e mulleres homosexuais e cara as persoas doutras etnias. As persoas xoves comezan a ver a estas persoas como as persoas normais que son, imonos dando conta que a unica diferencia conosco e simplemente que non comparten a mesma orientación sexual e teñen outras costumes. No referente á discriminación á muller xa é un tema máis difícil. Nas culturas nas que as mulleres son sometidas a crueis tratos, influir nesas sociedades é difícil, xa que é algo que foron herdando dende sempre. Sen embargo, na nosa sociedade, onde somos algo máis racionais, podemos axudar tratando á muller como se merece, con igualdade e con respecto.
A sociedade precisa aínda moitos cambios pero pouco a pouco darémonos conta de que as persoas somos todos iguais e que nos merecemos vivir nas mesmas condicións de igualdede e respeto.
O PROBLEMA DA DESIGUALDADE
A maneira de pensar cambiou moito co paso do tempo e seguirá cambiando. Na antiga sociedade había unha forte desigualdade social e iso podémolo ver moi claro nos textos que comentamos a continuación e que reflicten o pensamento dalgúns filósofos da época.
Aristóteles na súa obra “A Política I” trata de defender a escravitude e sociedade estamental a través de unhas explicacións. Isto é, que o escravo é escravo porque non ten capacidade para ser outra cousa, e escravo é o que debe ser; e os nobres e o rei teñen ese posto na sociedade porque Deus o quixo e lles deu capacidade para desempeñar ese cargo. Na actualidade case non hai ninguén que pense como Aristóteles, xa que a maioría da sociedade cree que todas as persoas son iguais e teñen o mesmo dereito e posibilidades a ascender e cambiar de clase social.
Francisco Rubio Llorente na súa oba “Manuscritos Económicos-filosóficos de Marx” denuncia como os nobres da Idade Media recurrían ás diferencias de raza para xustificar a explotación no traballo e a prostitución das mozas. Na actualidade aínda existe a xenofobia, pero as persoas que a sufren teñen dereito a denunciala, xa que ningúen pode ser discriminado pola súa cor, procedencia, etc.
Benjamín Constant na súa obra “Principios de política” cóntanos que os antigos campesiños, aínda que eran a maioría da poboación, non tiñan dereito a opinar sobre a política, nin podían elexir como querían ser gobernados nin por quen. Simplemente non eran cidadáns. Isto oxe en día nos países desenvolvidos non é asi, xa que os cidadáns teñen o poder, e son eles os que deciden como queren ser gobernados e por quen, e non se fai distinción nin de sexo nin de clase social.
José A. Gómez Yánez na súa obra “Eleccións primarias e reformas políticas” redactanos como en EE.UU., por exemplo, as persoas de cor non tiñan dereito á votación polo simple feito de ser negros. Discriminacións deste tipo estiveron sempre presentes para as persoas de cor, xa que a xenofobia existe dende fai moito tempo. Como xa dixemos no texto referido Francisco Rubio Llorente, ninguén pode ser discriminado pola súa cor, polo tanto, ten o mesmo dereito a opinar sobre o goberno ca calquera outra persoa.
O texto de Rosseau “Discurso sobre a orixe e os fundamentos da desigualdade entre os homes” é moi interensante. Rosseau trata de xustificar porque existen as desigualdades. Dinos que as desigualdades sempre estarán presentes na sociedade, xa que non todos os seres humanos poseen o mesmo coeficiente intelectual nin teñen a mesma forza física, e como isto non se pode cambiar, sempre haberá desigualdades. O que non se pode permitir é que mentres un país desperdicia os seus recursos en cousas innecesarias, outra rexión non teña recursos para cubrir as necesidades básicas.
Aristóteles na súa obra “A xeneración dos animais” adopta unha postura totalmente machista. Asegura que a femia é un macho deforme e que a menstruación é semen, pero impuro. Esta afirmación é totalmente falsa xa que anque a postura cristiana insinúa algo parecido, non é certo. A femia e un ser igual que o home, e créase de tal maneira para poder concebir fillos cando os espermatozoides fecundan o óvulo.
Hesíodo na súa obra “A Política” afirma que “ante todo a muller é boi de labranza”, e argumenta que a muller foi creada para traballar, o que demostra a postura totalmente machista de Hesíodo.
Oxe en día nos países desenvolvidos xa non hai persoas que compartan a opinión de Aristóteles que plasma no seu libro “A Política”, que o home foi creado máis apto para a direción e para mandar, e que ten poder sobre a femia. Pero así e todo, segue habendo discriminación con respeto ó sexo, xa que as mulleres non cobran o mesmo salario que os homes polo mesmo traballo. Pero aínda así, esta discriminación xa non ten nada que ver coa da antiguidade. Neste texto tamén podemos observar unha clara ideoloxía machista.
Sto. Tomás de Aquino na súa primeira obxección dinos que a muller foi creada para un traballo de reproducción. Persoalmente, creo que a muller foi creada para o mesmo que o foron os homes e que ten a posibilidade de traer ao mundo novas vidas. Na súa segunda obxección tratanos o mesmo tema que Aristóteles, é dicir, que a muller se debe limitar a obedecer ao home, xa que este foi creado con máis facultades que a muller. E por último, na súa terceira obxección, xustifica que todo isto é porque Deus o quixo así e que Deus pode dirixir calquer mal a un bo fin, é decir, que se é así seguro que é por algo bo. Esta afirmación é a base de moitas relixións, como a do cristianismo, que desembocan nunca grande mentalidade machista.
Schopenhauer na súa obra “As mulleres” contanos que a muller non está destinada para os grandes traballos físicos e intelectuais e que a muller nunca madura, que é un neno grande. Isto non para nada certo xa que esta demostrado que hai máis número de mulleres intelenxentes que homes, anque cando hai unha persoa extremadamente intelixente, soe ser home. Schopenhauer reflexa moi claramente o papel inferior que xogaba a muller na antiga sociedade.
Nietzsche na súa obra “Así falou Zaratustra” comenta que a muller é simplemente un xoguete para o home e que o único po que lle serve ó home e para xogar e para darlle fillos. Tamén deixa moi claro que a muller na antiga sociedade non tiña dereito a opinar e debía aceptar todo o que dixese o home. Aquí temos outra postura totalmente machista.
En todos estes textos temos unha idea en común, que a muller na antiga sociedade, non era ninguén e non tiña dereito a nada. Debía obedecer ó home en todo, e a súa finalidade era a reproducción.
Violencia de Xénero
No blog do profesor atopamos alguns apartados na que se nos afrece todo tipo de información acerca dos problemas a debatir en clase. Un deles é acerca da violencia de xénero. No referente a este caso atopamos unhas táboas e informacion acerca deste tema e preséntasenos unhas cuestións ás que lles damos resposta:
1-Qué che suxire?
Suxírenos que que se están a producir moitos asasinatos a mulleres, nas que os asasinos son o cónxugue ou o excónxugue, compañeiro sentimental, mozo ou exmozo.
2-Porque crees que pasa isto?
En moitos casos, os asasinatos veñen dados polo sentimento de superioridade do home sobre a muller. Cando o home se da conta de que a compañeira ou muller pode ser independente, séntese fustrado e recurre á violencia, e, nalgúns casos chégase ó asasinato.3-Para que serve a violencia? Conséguese algo con ela?
Non se consegue nada bo, soamente retrasar ou evitar a chegada dun mundo un pouco mellor, no que a violencia sexa algo totalmente innecesario. A violencia soamente leva a máis violencia, peo en ningún caso leva a ningún fin bo.
4-A violencia é un método para resolver conflictos?
Non, ó contrario, o que provoca a violencia son aínda máis conflictos.
5-Recurres á violencia para resolver problemas?
Non, en ningún caso. Os membros deste grupo estamos dacordo que en primeiro lugar debemos recorrer ó diálogo. A violencia nun ultimísimo caso.
6-Propón solucións para que isto non suceda:
Precísase unha correcta educación das persoa desde o seu nacemento, para que así nun futuro a nosa educación nos axude a tomar correctas decisións e actuar de xeito idóneo.
Na Constitución Española atopamos algúns artigos que coinciden coa Declaración de Dereitos Humanos. Nos artigos desde o 15 ó 29 (ambos inclusive)da Constitución Española, é donde encontramos as principais similitudes coa Declaración dos Dereitos Humanos Universais.
Mencionamos un a un os relacionados:
Este artigo está relacionado cos da Declaración de Dereitos Humanos nº 2 e 18 que din, respectivamente: “Toda persona tiene los derechos y libertades proclamados en esta Declaración, sin distinción alguna de raza, color, sexo, idioma, religión, opinión política o de cualquier otra índole, origen nacional o social, posición económica, nacimiento o cualquier otra condición […]” e “Toda persona tiene derecho a la libertad de pensamiento, de conciencia y de religión; este derecho incluye la libertad de cambiar de religión o de creencia, así como la libertad de manifestar su religión o su creencia, individual y colectivamente, tanto en público como en privado, por la enseñanza, la práctica, el culto y la observancia”.
En ambos fálase acerca da relixión: toda persoa debe ser tratada de igual maneira pretensa á relixión que pretensa; toda persoa ten liberdade de expresión e polo tanto liberdade de elección e práctica da relixión á que pertence, sen poder recibir en ningún caso, ningún tipo de discriminación.
2.Nadie será condenado por actos u omisiones que en el momento de cometerse no fueron delictivos según el Derecho nacional o internacional. Tampoco se impondrá pena más grave que la aplicable en el momento de la comisión del delito. "
1.Toda persona tiene derecho a circular libremente y a elegir su residencia en el territorio de un Estado.
2.Toda persona tiene derecho a salir de cualquier país, incluso el propio, y a regresar a su país. "
2.Nadie podrá ser obligado a pertenecer a una asociación. "
2.Toda persona tiene el derecho de acceso, en condiciones de igualdad, a las funciones públicas de su país.
3.La voluntad del pueblo es la base de la autoridad del poder público; esta voluntad se expresará mediante elecciones auténticas que habrán de celebrarse periódicamente, por sufragio universal e igual y por voto secreto u otro procedimiento equivalente que garantice la libertad del voto."
La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana y el fortalecimiento del respeto a los derechos humanos y a las libertades fundamentales; favorecerá la comprensión, la tolerancia y la amistad entre todas las naciones y todos los grupos étnicos o religiosos; y promoverá el desarrollo de las actividades de las Naciones Unidas para el mantenimiento de la paz.
Los padres tendrán derecho preferente a escoger el tipo de educación que habrá de darse a sus hijos."
CONFERENCIA DE CARLOS RUÍZ MIGUEL
¿UNICEF ten algún programa especial para reagrupar as familias separadas?
Carlos respondeunos a esta pregunta moi claramente. Si que existen programas para reagrupar as familias separadas, organizan citas, comunícannos por teléfono, etc. O orden de preferencia, son de pais a fillos e irmáns, e se non superviven estes, os familiares máis cercanos.
¿Cómo se pode xestionar un campo de refuxiados e á vez poder ofrecerlles os dereitos básicos como a educación e a sanidade?
Carlos respondeu da seguinte maneira. Pódese xestionar mediante axudas internacionais e cunha boa organización. Por exemplo, os campos de refuxiados do sahara, son uns dos mellores organizados de todo África, xa que constan de moi boa organización a nivel de educación e de sanidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario