jueves, 29 de noviembre de 2007

OS DEREITOS HUMANOS UNIVERSAIS

Os trinta artigos desta declaración móstrannos os dereitos (nalgúns casos ideais que formarían unha sociedade perfecta) da Humanidade. Os principais dereitos dos que debería gozar toda persoa son os de liberdade de expresión, educación, ter unha nacionalidade, traballo e igualdade. Analizamos un a un os artigos desta declaración cada un dos especialistas (de economía, de historia, de política e cultura e relixión) e explicamos os artigos que non se cumprían. Agora explicámolos dun xeito conxunto atendendo ós principais dereitos xa citados.


Liberdade de expresión-Art.1,2,18,19

Estes 4 artigos fan referencia á liberdade dos seres humanos. En canto ó dereito de liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión ou de opinión e de expresión, chegamos á conclusión de que hai moitos países onde non se respetan estes artigos, por exemplo Cuba.


Igualdade- Art.1,7

Estes dous artigos fan referencia á igualdade dos seres humanos en dereitos. Todos son iguais ante a lei e teñen, sin distinción, dereito a igual protección desta. En canto ó artigo 1, debemos destacar que non todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos, por exemplo, en Afganistan as mulleres non teñen os mesmos dereitos que os homes, son tratadas como seres inferiores. En canto ó artigo 7, non sempre somos iguais ante a lei nin somos amparados por ela, por exemplo, algúns inmigrantes ilegais non están protexidos por ningún Estado.


Educación- Art.26

Este artigo fai referencia á educación, toda persoa ten dereito a ela e esta debe ser gratuíta e a instrucción elemental obrigatoria. Na maioría dos países hai acceso á escola, pero de xeito moi distinto. Nos países desenvolvidos a educación é gratuíta e obrigatoria ata os 16 anos (no caso de España). Ademáis non hai discriminación algunha de sexo. Sen embargo, nos países subdesenvolvidos os únicos que poden acceder á escola son aqueles que teñen un determinado poder adquisitivo. Ademáis nos países africanos e orientais non se lles permite ás mulleres acceder á escola.


Propiedade privada- Art.17

Este artigo fai referencia á propiedade privada. Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente e ninguén será privado arbitrariamente dela.Este artigo non se cumpre, por exemplo, entre outros, naqueles países que teñen implantado un réxime comunista, xa que a propiedade é do Estado, salvo nalgunhas excepcións.


Nacionalidade- Art.15

Este artigo fai referencia ó dereito a unha nacionalidade. Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade e ninguén será privado arbitrariamente dela, nin do dereito a cambiala.Este artigo non se cumple xa que algúns inmigrantes ilegais non teñen nacionalidade e desexarían tela; aqueles que están en campos de refugiados por motivo dunha guerra e son apátridos; por exemplo, os campos de Danfur, de Palestina, do Sáhara…


Traballo- Art.23

Este artigo fai referencia ó dereito ó traballo. Toda persoa ten dereito ó traballo, á súa libre elección, a condicións equitativas e satisfactorias del e á proteccion contra o desemprego. Toda persoa ten dereito a igual salario por traballo igual.Este artigo cómprese por partes. Nos países desenvolvidos, as persoas teñen dereito ó traballo e á súa libre elección, pero en moitos casos os salarios son discriminatorios para as mulleres (é menor có dos homes). Nos países subdesenvolvidos as mulleres xa non teñen dereito ó traballo.


FACTORES

A maioría dos artigos recollidos na declaración dos dereitos humanos son ideais, xa que na realidade non é obrigatorio o seu cumprimento por parte dos estados.Os factores que inflúen para o non cumplimento destes son:

Factor Económico:

Despois de buscar os artigos que fan referencia á economía, chegamos á conclusión de que as persoas que non teñen un nivel económico determinado, ou son discriminados ou non poden acceder ós supostos dereitos universais das persoas. A pobreza é un exemplo de impedimento para que estes dereitos sexan universais. Podemos definir pobreza como a falta de recursos para satisfacer as necesidades básicas de todo ser humano, producindo así un deterioro do nivel e da calidade de vida.

Factor Histórico:

Para tentar explicar algúns exemplos de impedimento da universalización dos dereitos, podemos recurrir a factores históricos, especialmente a sucesos ocorridos no pasado e que inflúen no presente.Un destes factores que máis nos chama a atención é o racismo (discriminación das persoas, en razón á súa pertenencia étnica ou racial), problema que segue vixente oxe en día. Nalgúns casos, ás persoas doutras etnias ofréceselles un trato moi cruel, como por exemplo pode chegar a negárselle algún dos dereitos dos que calquera outra persoa pode gozar.

Factor Político:

Este factor é un dos máis influintes á hora de impedir o correcto cumplimento dos dereitos.A integridade física das persoas vese en perigo en momentos de guerra, provocadas moitas veces por desacordos políticos.Os rexímenes dictatorias nalgúns países impiden o acceso a moitos dos dereitos fundamentais tales como o dereito a liberdade de expresión, educación, integridade física e psíquica, acceso a vivenda digna, etc.Moitas veces a nosa liberdade , en todas as súas formas, vese mermada por culpa dos políticos, que ao ter nas súas mans o poder de elaborar leis, poden actuar segundo os seus intereses.

Factor Cultural e relixioso:

Tamén no incumprimento dos dereitos que veñen contemplados na carta de dereitos das Nacións Unidas inciden factores de indole cultural e relixioso, fundamentalmente no referido á cuestión da igualdade.É o caso da igualdade de xénero, certas interpretacións relixiosas conceden á muller un papel de subordinación cara o home. Por exemplo, restriccións de dereitos que ten a muller no mundo islámico.


CONCLUSIÓN

Serve de algo a Declaración de Dereitos Humanos? Os compoñentes deste grupo facémonos esta pregunta despois de analizar os artigos desta declaración. Aínda que é certo que as leis están para saltalas tamén é verdade que se non existise ningún límite, cada un faría o que quixera sen respectar ós demais. Así e todo, a maioría non se cumpren na súa totalidade, como puidemos comprobar nos apartados anteriores, pero isto non sería así se cada un de nós aportase o seu gran de area. Por exemplo, respectando as culturas dos outros países, sendo tolerantes... Desta maneira, seríamos todos respectados, dando lugar a unha sociedade mellor.

HISTORICIDADE DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS UNIVERSAIS


A orixe dos dereitos universais ven dada pola Revolución Francesa, xa que foi nese momento cando se empezou a falar dos dereitos do home, dando lugar deste xeito á Declaración dos Dereitos Humanos.
Deste xeito podemos falar dunha evolución no referente ós dereitos, dando lugar a 3 xeracións:


Primeira xeración dos dereitos humanos:
Destaca a aparición dos dereitos chamados individuais no que se defende principalmente os dereitos de liberdade e propiedade privada; ráchase coa sociedade estamental aparecendo deste xeito o dereito á igualdade ante a lei, tratando esta a todos os individuos por igual e dando a todos eles a oprtunidade de exercer cada un dos dereitos.


Segunda xeración dos dereitos humanos:
Na primeira xeración dixemos que se proclamaban os dereitos individuais; neste caso, na segunda xeración aparecen os dereitos colectivos.
Os dereitos económicos e sociais (educación, sanidade, salarios que permitan un nivel de vida digno....), son reclamados polo proletariado industrial. Díse que para o exercicio dos dereitos é preciso a eliminación daqueles obstáculos económicos que impiden dito feito.


Terceira xeración dos dereitos humanos:
A igualdade na diversidade é a temática dos dereitos escritos nesta xeración. Polo tanto, reivindícanse os dereitos á favor da igualdade das mulleres, os homosexuais....En resumos, estes dereitos colectivos reclaman respeto mutuo e solidariedade.


Resumo:
Na primeira xeración e na segunda proclámanse os dereitos humanos que obeceden a unha concepción do home restritiva, excluindo a colectivos tales como a muller, os homosexuais....colectivos que se recollen na terceira xeración dos dereitos recollendo asi todos os dereitos fundamentais.
Con todo isto complétase o lema establecido na Revolución Francesa que versaba:
Liberdade (dereitos individuais proclamados na primeira xaración)
Igualdade (dereitos colectivos da segunda xeración)
Fraternidade( dereitos establecidos na terceira xeración)



NOVOS GRUPOS REVOLUCIONARIOS

A partir do ano 1969 comezáronse a formar os primeiros grupos revolucionarios que defendían unha nova forma de pensamento. Estes grupos estaban formados por homes e mulleres homosexuais e por feministas que reivindicaban o dereito á igualdade e que calificaban a sociedade como machista e patriarcal.
Así foi como foron gañando terreo, xa que actualmente as persoas homosexuais poden facer vida normal e formar unha familia, acto que daquela nin se lles pasaba pola cabeza. Hoxe en día estamos ante un proceso de transformación, porque as persoas xoves teñen outra maneira de pensar, máis tolerante, xa que para eles é totalmente normal. Sen embargo as persoas mayores non comparten esta opinión, xa que viviron noutra época, onde a Igrexa aínda tiña moito poder e non permitía que se legalizaran estes matrimonios.
Pero podemos afirmar que o modelo de familia patriarcal xa non é o único na sociedade española. Polo tanto, podemos presumir de que vivimos nunca sociedade tolerante e liberal.

A FEMINIZACIÓN DA POBREZA

A discriminación de xénero existe en tódolos países, en todas as economías e en todos os estratos sociais. Esta discriminación é unha das principias causas de pobreza polas razóns que veremos a continuación.
A discriminación de xénero impide que en determinados países (subdesenvolvidos) as mulleres non reciban nin educación nin formación, polo tanto non poden acceder ó emprego nin teñen a posibilidade de participar socialmente.
Estas mulleres traballan, quizáis máis que os homes, pero non reciben un salario por el, nin se recoñece o seu esforzo. Nos países desenvolvidos, anque a muller ten acceso á educación, á formación e ó emprego, segue habendo discriminación , porque os salarios femeninos son só tres cuartas partes dos masculinos.
A atención sanitaria que reciben as mulleres dos países pobres, especialmente relacionada coa saúde sexual e reproductiva, é pésima. Ao ano morren moitas mulleres no mundo por causas relacionadas co embarazo, co parto e co aborto.
En canto á participación política tamén hai moita discriminación, xa que en moitos países as mulleres non teñen dereito ó voto, ou é escasa.
Por exemplo, en Afganistán as mulleres teñen que ir cubertas baixo o burka, non poden sorrir en público, ir á escola, saír da casa soas...
Por todas estas razóns, mellorar a situación das mulleres sería mellorar a economía e moitos máis aspectos da sociedade. Está na man de todos mellorar as perspectivas da humanidade.


CONCLUSION E OPINIÓN PERSOAL ACERCA DOS GRUPOS REVOLUCIONARIOS E A FEMINIZACIÓN DA POBREZA:

Afortunadamente, a sociedade, aínda que dun xeito lento, está cambiando. Un dos aspectos nos que cambia é na tolerancia cara os homes e mulleres homosexuais e cara as persoas doutras etnias. As persoas xoves comezan a ver a estas persoas como as persoas normais que son, imonos dando conta que a unica diferencia conosco e simplemente que non comparten a mesma orientación sexual e teñen outras costumes. No referente á discriminación á muller xa é un tema máis difícil. Nas culturas nas que as mulleres son sometidas a crueis tratos, influir nesas sociedades é difícil, xa que é algo que foron herdando dende sempre. Sen embargo, na nosa sociedade, onde somos algo máis racionais, podemos axudar tratando á muller como se merece, con igualdade e con respecto.

A sociedade precisa aínda moitos cambios pero pouco a pouco darémonos conta de que as persoas somos todos iguais e que nos merecemos vivir nas mesmas condicións de igualdede e respeto.


O PROBLEMA DA DESIGUALDADE

A maneira de pensar cambiou moito co paso do tempo e seguirá cambiando. Na antiga sociedade había unha forte desigualdade social e iso podémolo ver moi claro nos textos que comentamos a continuación e que reflicten o pensamento dalgúns filósofos da época.

Aristóteles na súa obra “A Política I” trata de defender a escravitude e sociedade estamental a través de unhas explicacións. Isto é, que o escravo é escravo porque non ten capacidade para ser outra cousa, e escravo é o que debe ser; e os nobres e o rei teñen ese posto na sociedade porque Deus o quixo e lles deu capacidade para desempeñar ese cargo. Na actualidade case non hai ninguén que pense como Aristóteles, xa que a maioría da sociedade cree que todas as persoas son iguais e teñen o mesmo dereito e posibilidades a ascender e cambiar de clase social.

Francisco Rubio Llorente na súa oba “Manuscritos Económicos-filosóficos de Marx” denuncia como os nobres da Idade Media recurrían ás diferencias de raza para xustificar a explotación no traballo e a prostitución das mozas. Na actualidade aínda existe a xenofobia, pero as persoas que a sufren teñen dereito a denunciala, xa que ningúen pode ser discriminado pola súa cor, procedencia, etc.

Benjamín Constant na súa obra “Principios de política” cóntanos que os antigos campesiños, aínda que eran a maioría da poboación, non tiñan dereito a opinar sobre a política, nin podían elexir como querían ser gobernados nin por quen. Simplemente non eran cidadáns. Isto oxe en día nos países desenvolvidos non é asi, xa que os cidadáns teñen o poder, e son eles os que deciden como queren ser gobernados e por quen, e non se fai distinción nin de sexo nin de clase social.

José A. Gómez Yánez na súa obra “Eleccións primarias e reformas políticas” redactanos como en EE.UU., por exemplo, as persoas de cor non tiñan dereito á votación polo simple feito de ser negros. Discriminacións deste tipo estiveron sempre presentes para as persoas de cor, xa que a xenofobia existe dende fai moito tempo. Como xa dixemos no texto referido Francisco Rubio Llorente, ninguén pode ser discriminado pola súa cor, polo tanto, ten o mesmo dereito a opinar sobre o goberno ca calquera outra persoa.

O texto de Rosseau “Discurso sobre a orixe e os fundamentos da desigualdade entre os homes” é moi interensante. Rosseau trata de xustificar porque existen as desigualdades. Dinos que as desigualdades sempre estarán presentes na sociedade, xa que non todos os seres humanos poseen o mesmo coeficiente intelectual nin teñen a mesma forza física, e como isto non se pode cambiar, sempre haberá desigualdades. O que non se pode permitir é que mentres un país desperdicia os seus recursos en cousas innecesarias, outra rexión non teña recursos para cubrir as necesidades básicas.

Aristóteles na súa obra “A xeneración dos animais” adopta unha postura totalmente machista. Asegura que a femia é un macho deforme e que a menstruación é semen, pero impuro. Esta afirmación é totalmente falsa xa que anque a postura cristiana insinúa algo parecido, non é certo. A femia e un ser igual que o home, e créase de tal maneira para poder concebir fillos cando os espermatozoides fecundan o óvulo.

Hesíodo na súa obra “A Política” afirma que “ante todo a muller é boi de labranza”, e argumenta que a muller foi creada para traballar, o que demostra a postura totalmente machista de Hesíodo.

Oxe en día nos países desenvolvidos xa non hai persoas que compartan a opinión de Aristóteles que plasma no seu libro “A Política”, que o home foi creado máis apto para a direción e para mandar, e que ten poder sobre a femia. Pero así e todo, segue habendo discriminación con respeto ó sexo, xa que as mulleres non cobran o mesmo salario que os homes polo mesmo traballo. Pero aínda así, esta discriminación xa non ten nada que ver coa da antiguidade. Neste texto tamén podemos observar unha clara ideoloxía machista.

Sto. Tomás de Aquino na súa primeira obxección dinos que a muller foi creada para un traballo de reproducción. Persoalmente, creo que a muller foi creada para o mesmo que o foron os homes e que ten a posibilidade de traer ao mundo novas vidas. Na súa segunda obxección tratanos o mesmo tema que Aristóteles, é dicir, que a muller se debe limitar a obedecer ao home, xa que este foi creado con máis facultades que a muller. E por último, na súa terceira obxección, xustifica que todo isto é porque Deus o quixo así e que Deus pode dirixir calquer mal a un bo fin, é decir, que se é así seguro que é por algo bo. Esta afirmación é a base de moitas relixións, como a do cristianismo, que desembocan nunca grande mentalidade machista.

Schopenhauer na súa obra “As mulleres” contanos que a muller non está destinada para os grandes traballos físicos e intelectuais e que a muller nunca madura, que é un neno grande. Isto non para nada certo xa que esta demostrado que hai máis número de mulleres intelenxentes que homes, anque cando hai unha persoa extremadamente intelixente, soe ser home. Schopenhauer reflexa moi claramente o papel inferior que xogaba a muller na antiga sociedade.

Nietzsche na súa obra “Así falou Zaratustra” comenta que a muller é simplemente un xoguete para o home e que o único po que lle serve ó home e para xogar e para darlle fillos. Tamén deixa moi claro que a muller na antiga sociedade non tiña dereito a opinar e debía aceptar todo o que dixese o home. Aquí temos outra postura totalmente machista.

En todos estes textos temos unha idea en común, que a muller na antiga sociedade, non era ninguén e non tiña dereito a nada. Debía obedecer ó home en todo, e a súa finalidade era a reproducción.




Violencia de Xénero

No blog do profesor atopamos alguns apartados na que se nos afrece todo tipo de información acerca dos problemas a debatir en clase. Un deles é acerca da violencia de xénero. No referente a este caso atopamos unhas táboas e informacion acerca deste tema e preséntasenos unhas cuestións ás que lles damos resposta:

1-Qué che suxire?

Suxírenos que que se están a producir moitos asasinatos a mulleres, nas que os asasinos son o cónxugue ou o excónxugue, compañeiro sentimental, mozo ou exmozo.

2-Porque crees que pasa isto?

En moitos casos, os asasinatos veñen dados polo sentimento de superioridade do home sobre a muller. Cando o home se da conta de que a compañeira ou muller pode ser independente, séntese fustrado e recurre á violencia, e, nalgúns casos chégase ó asasinato.

3-Para que serve a violencia? Conséguese algo con ela?

Non se consegue nada bo, soamente retrasar ou evitar a chegada dun mundo un pouco mellor, no que a violencia sexa algo totalmente innecesario. A violencia soamente leva a máis violencia, peo en ningún caso leva a ningún fin bo.

4-A violencia é un método para resolver conflictos?

Non, ó contrario, o que provoca a violencia son aínda máis conflictos.

5-Recurres á violencia para resolver problemas?

Non, en ningún caso. Os membros deste grupo estamos dacordo que en primeiro lugar debemos recorrer ó diálogo. A violencia nun ultimísimo caso.

6-Propón solucións para que isto non suceda:

Precísase unha correcta educación das persoa desde o seu nacemento, para que así nun futuro a nosa educación nos axude a tomar correctas decisións e actuar de xeito idóneo.



ARTIGOS DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA RELACIONADOS COS ARTIGOS DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

Na Constitución Española atopamos algúns artigos que coinciden coa Declaración de Dereitos Humanos. Nos artigos desde o 15 ó 29 (ambos inclusive)da Constitución Española, é donde encontramos as principais similitudes coa Declaración dos Dereitos Humanos Universais.

Mencionamos un a un os relacionados:

Artigo da Constitución nº15:

“Todos tienen derecho a la vida y a la integridad física y moral, sin que, en ningún caso, puedan ser sometidos a tortura ni a penas o tratos inhumanos o degradantes. Queda abolida la pena de muerte, salvo lo que puedan disponer las leyes penales militares para tiempos de guerra”.

Este artigo coincide cos artigos 3 e 5 dos dereitos humanos universais que din, respectivamente:” Todo individuo tiene derecho a la vida, a la libertad y a la seguridad de su persona” e “Nadie será sometido a torturas ni a penas o tratos crueles, inhumanos o degradantes”Fálanos principalmente do dereito á vida, á integridade física e o trato xusto á nosa persoa.

Artigo da Constitución nº16:

“1. Se garantiza la libertad ideológica, religiosa y de culto de los individuos y las comunidades sin más limitación, en sus manifestaciones, que la necesaria para el mantenimiento del orden público protegido por la ley.

2. Nadie podrá ser obligado a declarar sobre su ideología, religión o creencias.

3. Ninguna confesión tendrá carácter estatal. Los poderes públicos tendrán en cuenta las creencias religiosas de la sociedad española y mantendrán las consiguientes relaciones de cooperación con la Iglesia Católica y las demás confesiones”
Este artigo está relacionado cos da Declaración de Dereitos Humanos nº 2 e 18 que din, respectivamente: “Toda persona tiene los derechos y libertades proclamados en esta Declaración, sin distinción alguna de raza, color, sexo, idioma, religión, opinión política o de cualquier otra índole, origen nacional o social, posición económica, nacimiento o cualquier otra condición […]” e “Toda persona tiene derecho a la libertad de pensamiento, de conciencia y de religión; este derecho incluye la libertad de cambiar de religión o de creencia, así como la libertad de manifestar su religión o su creencia, individual y colectivamente, tanto en público como en privado, por la enseñanza, la práctica, el culto y la observancia”.
En ambos fálase acerca da relixión: toda persoa debe ser tratada de igual maneira pretensa á relixión que pretensa; toda persoa ten liberdade de expresión e polo tanto liberdade de elección e práctica da relixión á que pertence, sen poder recibir en ningún caso, ningún tipo de discriminación.

Artigo da Constitución nº17:

"1. Toda persona tiene derecho a la libertad y a la seguridad. Nadie puede ser privado de su libertad, sino con la observancia de lo establecido en este artículo y en los casos y en la forma previstos en la ley.

2. La detención preventiva no podrá durar más del tiempo estrictamente necesario para la realización de las averiguaciones tendentes al esclarecimiento de los hechos, y, en todo caso, en el plazo máximo de setenta y dos horas, el detenido deberá ser puesto en libertad o a disposición de la autoridad judicial.

3. Toda persona detenida debe ser informada de forma inmediata, y de modo que le sea comprensible, de sus derechos y de las razones de su detención, no pudiendo ser obligada a declarar. Se garantiza la asistencia de abogado al detenido en las diligencias policiales, en los términos que la ley establezca.

4. La ley regulará un procedimiento de "habeas corpus" para producir la inmediata puesta a disposición judicial de toda persona detenida ilegalmente. Asimismo, por ley se determinará el plazo máximo de duración de la prisión provisional."

Estes artículos están estreitamente relacionados cos artigos 7,8,9,10,11 da Declaración de Dereitos. Estes artigos versan:

7º "Todos son iguales ante la ley y tienen, sin distinción, derecho a igual protección de la ley. Todos tienen derecho a igual protección contra toda discriminación que infrinja esta Declaración y contra toda provocación a tal discriminación. "

8º "Toda persona tiene derecho a un recurso efectivo, ante los tribunales nacionales competentes, que la ampare contra actos que violen sus derechos fundamentales reconocidos por la constitución o por la ley. "

9º "Nadie podrá ser arbitrariamente detenido, preso ni desterrado"

10º "Toda persona tiene derecho, en condiciones de plena igualdad, a ser oída públicamente y con justicia por un tribunal independiente e imparcial, para la determinación de sus derechos y obligaciones o para el examen de cualquier acusación contra ella en materia penal. "

11º "1.Toda persona acusada de delito tiene derecho a que se presuma su inocencia mientras no se pruebe su culpabilidad, conforme a la ley y en juicio público en el que se le hayan asegurado todas las garantías necesarias para su defensa.
2.Nadie será condenado por actos u omisiones que en el momento de cometerse no fueron delictivos según el Derecho nacional o internacional. Tampoco se impondrá pena más grave que la aplicable en el momento de la comisión del delito. "

Tanto nos artigos mencionados da Constitución coma da Declaración, tratan neste caso sobre o dereito á correcta aplicación das leis coas persoas no caso de detención (uso efectivo ante os tribunais, non discriminación ante a lei, reconocemento xurídico,etc.).

Artigo da Constitución nº18:

"1. Se garantiza el derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen.

2. El domicilio es inviolable. Ninguna entrada o registro podrá hacerse en él sin consentimiento del titular o resolución judicial, salvo en caso de flagrante delito.

3. Se garantiza el secreto de las comunicaciones y, en especial, de las postales, telegráficas y telefónicas, salvo resolución judicial.

4. La ley limitará el uso de la informática para garantizar el honor y la intimidad personal y familiar de los ciudadanos y el pleno ejercicio de sus derechos."

Este artigo versa principalmente sobre o dereito á intimidade persoal, incluíndo tamén o respeto ó domicilio persoal no que as persoas non podeán ser obxecto de inxerencias no domicilio;intimidade tamen no momento de recibir a correspondencia nas distintas vías,estando deste xeito prohibido calquera violación de privacidade neste ámbito; etc. Coincide co artigo da Declaración nº 12: "Nadie será objeto de injerencias arbitrarias en su vida privada, su familia, su domicilio o su correspondencia, ni de ataques a su honra o a su reputación. Toda persona tiene derecho a la protección de la ley contra tales injerencias o ataques. "

Artigo da Constitución nº 19:

"Los españoles tienen derecho a elegir libremente su residencia y a circular por el territorio nacional.Asimismo, tienen derecho a entrar y salir libremente de España en los términos que la ley establezca. Este derecho no podrá ser limitado por motivos políticos o ideológicos."

Coincide co artigo nº 13 da Declaración dos Dereitos Humanos Universais:"
1.Toda persona tiene derecho a circular libremente y a elegir su residencia en el territorio de un Estado.
2.Toda persona tiene derecho a salir de cualquier país, incluso el propio, y a regresar a su país. "

Fan referencia ó dereito de libre elección de residencia e ó dereito de libre circulación polo Estado e , en caso de desplazamento a outro país, logo poderá entrar sen ningún problema de novo ó Estado ó que se pertence.

Artigo da Constitución nº 20:

1. Se reconocen y protegen los derechos:

a) A expresar y difundir libremente los pensamientos, ideas y opiniones mediante la palabra, el escrito o cualquier otro medio de reproducción.

b) A la producción y creación literaria, artística, científica y técnica.

c) A la libertad de cátedra.

d) A comunicar o recibir libremente información veraz por cualquier medio de difusión. La ley regulará el derecho a la cláusula de conciencia y al secreto profesional en el ejercicio de estas libertades.

2. El ejercicio de estos derechos no puede restringirse mediante ningún tipo de censura previa.

3. La ley regulará la organización y el control parlamentario de los medios de comunicación social dependientes del Estado o de cualquier ente público y garantizará el acceso a dichos medios de los grupos sociales y políticos significativos, respetando el pluralismo de la sociedad y de las diversas lenguas de España.

4. Estas libertades tienen su límite en el respeto a los derechos reconocidos en este Título, en los preceptos de las leyes que lo desarrollen y, especialmente, en el derecho al honor, a la intimidad, a la propia imagen y a la protección de la juventud y de la infancia.

5. Sólo podrá acordarse el secuestro de publicaciones, grabaciones y otros medios de información en virtud de resolución judicial.

Coincide co artigo 19 da dos dereitos humanos:" Todo individuo tiene derecho a la libertad de opinión y de expresión; este derecho incluye el no ser molestado a causa de sus opiniones, el de investigar y recibir informaciones y opiniones, y el de difundirlas, sin limitación de fronteras, por cualquier medio de expresión. "

O único que atopamos en relación entre estes dous artigos é que ambos versan sobre o dereito á dignidade, á liberdade de expresión, á libre difusión de pensamentos, ideas e opinións.

Artigo da Constitución nº21:

" 1. Se reconoce el derecho de reunión pacífica y sin armas. El ejercicio de este derecho no necesitará de autorización previa.

2. En los casos de reuniones en lugares de tránsito público y manifestaciones se dará comunicación previa a la autoridad, que sólo podrá prohibirlas cuando existan razones fundadas de alteración del orden público, con peligro para personas o bienes."

A idea principal deste artigo é que temos dereito a reunirnos ou asociarnos de forma pacifica e sen a utilización de armas. Coincide na súa totalidade co artigo nº20 que di: "1.Toda persona tiene derecho a la libertad de reunión y de asociación pacíficas.
2.Nadie podrá ser obligado a pertenecer a una asociación. "

Artigo da Constitución nº22:

"1. Se reconoce el derecho de asociación.

2. Las asociaciones que persigan fines o utilicen medios tipificados como delito son ilegales.

3. Las asociaciones constituidas al amparo de este artículo deberán inscribirse en un registro a los solos efectos de publicidad.

4. Las asociaciones sólo podrán ser disueltas o suspendidas en sus actividades en virtud de resolución judicial motivada.

Neste caso debemos mencionar que non se atopan coincidencias claras cos artigos recollidos na Declaracion dos Dereitos Humanos.

Artigo da Constitución nº23:

1. Los ciudadanos tiene el derecho a participar en los asuntos públicos, directamente o por medio de representantes, libremente elegidos en elecciones periódicas por sufragio universal.

2. Asimismo, tienen derecho a acceder en condiciones de igualdad a las funciones y cargos públicos, con los requisitos que señalen las leyes.

Neste caso sí atopamos unha clara coincidencia co artigo 21 da Declaración que recolle:

"1.Toda persona tiene derecho a participar en el gobierno de su país, directamente o por medio de representantes libremente escogidos.
2.Toda persona tiene el derecho de acceso, en condiciones de igualdad, a las funciones públicas de su país.
3.La voluntad del pueblo es la base de la autoridad del poder público; esta voluntad se expresará mediante elecciones auténticas que habrán de celebrarse periódicamente, por sufragio universal e igual y por voto secreto u otro procedimiento equivalente que garantice la libertad del voto."

O tema a tratar neste caso é a libre posibilidade de participación nas decisións do país referidas ó ambito público, de maneira que, por exemplo, a vontade dos cidadáns expresaráse, entre outros xeitos, mediante o sufraxio universal e igual. En resumo, trata o dereito á libre participación no goberno do Estado ou país.

Artigo da Constitución nº 24:

"1. Todas las personas tienen derecho a obtener tutela efectiva de los jueces y tribunales en el ejercicio de sus derechos e intereses legítimos, sin que, en ningún caso, pueda producirse indefensión.

2. Asimismo, todos tienen derecho al Juez ordinario predeterminado por la ley, a la defensa y a la asistencia al letrado, a ser informados de la acusación formulada contra ellos, a un proceso público sin dilaciones indebidas y con todas las garantías, a utilizar los medios de prueba pertinentes para su defensa, a no declarar contra sí mismos, a no confesarse culpables y a la presunción de inocencia.

La ley regulará los casos en que, por razón de parentesco o de secreto profesional, no se estará obligado a declarar sobre hechos presuntamente delictivos.

Coincidente de novo co artigo 7,8,11 e 6. Este último informa: "Todo ser humano tiene derecho, en todas partes, al reconocimiento de su personalidad jurídica". A correcta actuación de lei e xustiza sobre calquera caso presentado é indispensable.

Artigo da Constitución nº25:

"1. Nadie puede ser condenado o sancionado por acciones u omisiones que en el momento de producirse no constituyan delito, falta o infracción administrativa, según la legislación vigente en aquel momento.

2. Las penas privativas de libertad y las medidas de seguridad estarán orientadas hacia la reeducación y reinserción social y no podrán consistir en trabajos forzados. El condenado a pena de prisión que estuviere cumpliendo la misma gozará de los derechos fundamentales de este Capítulo, a excepción de los que se vean expresamente limitados por el contenido del fallo condenatorio, el sentido de la pena y la ley penitenciaria. En todo caso, tendrá derecho a un trabajo remunerado y a los beneficios correspondientes de la Seguridad Social, así como al acceso a la cultura y al desarrollo integral de su personalidad.

3. La Administración civil no podrá imponer sanciones que, directa o subsidiariamente, impliquen privación de libertad."

Estes apartados do artigo recollen que ante a realización dun delito, se este no momento de ser cometido non era considerado delito, no momento de valoración do caso, ainda que sí sexa recoñecido como tal, non poderemos ser xulgados en contra; é dicir, se cometimos un acto que naquel momento non era considerado un delito, e aínda que agora sexa recoñecido como tal, non poderemos ser xulgados na nosa contra. Este artigo garda relación principalmente co apartado nº 2 do artigo 11 mencionado anteriormente.

Artigo da Constitución nº26:

"Se prohíben los Tribunales de Honor en el ámbito de la Administración civil y de las organizaciones profesionales." Non atopamos coincidencias con artigos da Declaración de Dereitos Humanos.

Artigo da Constitución nº27:

"1. Todos tienen el derecho a la educación. Se reconoce la libertad de enseñanza.

2. La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana en el respeto a los principios democráticos de convivencia y a los derechos y libertades fundamentales.

3. Los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus propias convicciones.

4. La enseñanza básica es obligatoria y gratuita.

5. Los poderes públicos garantizan el derecho de todos a la educación, mediante una programación general de la enseñanza, con participación efectiva de todos los sectores afectados y la creación de centros docentes.

6. Se reconoce a las personas físicas y jurídicas la libertad de creación de centros docentes, dentro del respeto a los principios constitucionales.

7. Los profesores, los padres y, en su caso, los alumnos intervendrán en el control y gestión de todos los centros sostenidos por la Administración con fondos públicos, en los términos que la ley establezca.

8. Los poderes públicos inspeccionarán y homologarán el sistema educativo para garantizar el cumplimiento de las leyes.

9. Los poderes públicos ayudarán a los centros docentes que reúnan los requisitos que la ley establezca.

10. Se reconoce la autonomía de las Universidades, en los términos que la ley establezca."

Recolle as características do relacionado coa educación: recibir educación é un dereito básico; debe ser gratuita polo menos na instrucción elemental e fundamental, sendo a elemental obligatoria; facilitacións para o acceso a esta;o fin da educación e a formación e desarrollo da personalidade humana... Coincide co artigo 26:

"Toda persona tiene derecho a la educación. La educación debe ser gratuita, al menos en lo concerniente a la instrucción elemental y fundamental. La instrucción elemental será obligatoria. La instrucción técnica y profesional habrá de ser generalizada; el acceso a los estudios superiores será igual para todos, en función de los méritos respectivos.
La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana y el fortalecimiento del respeto a los derechos humanos y a las libertades fundamentales; favorecerá la comprensión, la tolerancia y la amistad entre todas las naciones y todos los grupos étnicos o religiosos; y promoverá el desarrollo de las actividades de las Naciones Unidas para el mantenimiento de la paz.
Los padres tendrán derecho preferente a escoger el tipo de educación que habrá de darse a sus hijos."

Artigo da Constitución nº28:

"1. Todos tienen derecho a sindicarse libremente. La ley podrá limitar o exceptuar el ejercicio de este derecho a las Fuerzas o Institutos armados o a los demás Cuerpos sometidos a disciplina militar y regulará las peculiaridades de su ejercicio para los funcionarios públicos. La libertad sindical comprende el derecho a fundar sindicatos y a afiliarse al de su elección, así como el derecho de los sindicatos a formar confederaciones y a formar organizaciones sindicales internacionales o a afiliarse a las mismas. Nadie podrá ser obligado a afiliarse a un sindicato.

2. Se reconoce el derecho a la huelga de los trabajadores para la defensa de sus intereses. La ley que regule el ejercicio de este derecho establecerá las garantías precisas para asegurar el mantenimiento de los servicios esenciales de la comunidad. "
Non atopamos artigos exactamente da mesma temática na Declaración pero si que podemos decir que o dereito a folga está relacionado coa liberdade de pensamento e actuación, polo que poderiamos relacionalos con aqueles que traten este tema.

Artigo da Constitución nº 29:

"1. Todos los españoles tendrán el derecho de petición individual y colectiva, por escrito, en la forma y con los efectos que determine la ley.

2. Los miembros de las Fuerzas o Institutos armados o de los Cuerpos sometidos a disciplina militar podrán ejercer este derecho sólo individualmente y con arreglo a lo dispuesto en su legislación específica."

Facer referencia a que no primeiro apartado deste artigo menciona o dereito a petición individual e colectiva, polo que relacionamos este artigo con aqueles que fagan referencia á expresión persoal e colectiva.

Conclusión:

Atopamos moitas similitudes entre artigos da Constitución Española e da Declaración dos Dereitos Humanos Universais, o que nos leva a pensar que nos atopamos ante unha Constitución defensora dalgúns dos dereitos fundamentais dos seres humanos.


CONFERENCIA DE CARLOS RUÍZ MIGUEL


¿UNICEF ten algún programa especial para reagrupar as familias separadas?

Carlos respondeunos a esta pregunta moi claramente. Si que existen programas para reagrupar as familias separadas, organizan citas, comunícannos por teléfono, etc. O orden de preferencia, son de pais a fillos e irmáns, e se non superviven estes, os familiares máis cercanos.


¿Cómo se pode xestionar un campo de refuxiados e á vez poder ofrecerlles os dereitos básicos como a educación e a sanidade?

Carlos respondeu da seguinte maneira. Pódese xestionar mediante axudas internacionais e cunha boa organización. Por exemplo, os campos de refuxiados do sahara, son uns dos mellores organizados de todo África, xa que constan de moi boa organización a nivel de educación e de sanidade.